NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do mes

 

Esta actividade ten por obxectivo profundizar no coñecemento histórico, artístico e material dunha peza pertencente ás coleccións do Museo.

Edítase un folleto no que un especialista ou investigador da a coñecer a súa historia particular, o seu contexto histórico e as súas características formais e de estilo.

A peza permanece exposta todo o mes na “Sala San Francisco” e a presentación ó público ten lugar o segundo mércores de cada mes ás 20 h., con acceso gratuito.

 

Maio 2024
-
María del Pilar Núñez Sánchez

Para esta peza do mes seleccionamos un pequeno conxunto de instrumentos de medición. En primeiro lugar, e, pola súa singularidade, damos a coñecer unha caixa de latón, rectangular, cos extremos curtos redondeados. A tapa únese mediante bisagras e, o mesmo cá base, leva un bordo de cana. Correspóndese cunha caixa para gardar tabaco, de orixe flamenga, empregada polos mariñeiros. O seu tamaño, uns 16 cm, permitíalles levala consigo no peto.

Marzo 2024
-
Afonso Vázquez-Monxardín Fernández

A Biblioteca do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense está integrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e contén unhas 20.000 monografías e 1.200 revistas, das que 233 son vivas.

De acordo coa gran relación mantida entre Galicia e América, consérvanse numerosas revistas desta procedencia tanto propias da colectividade galega –tal que Céltiga– como publicacións científicas ligadas aos institutos, academias ou universidades.

Febreiro 2024
-
Xulio Rodríguez González

A peza deste mes Proxecto museográfico. O edificio, e as dúas anteriores que lle precederon, inscríbense no desenvolvemento do Plan museolóxico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, ferramenta de planificación e programación museística, imprescindible para acometer as necesarias obras de remodelación e ampliación do edificio, e adaptación da exposición permanente ás novas correntes museolóxicas.

Xaneiro 2024
-
Manuel Xusto Rodríguez

Na nova exposición permanente do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense os restos arqueolóxicos, conxuntamente coa historia do edificio do Pazo episcopal, explícanse por medio de paneis individualizados formal e graficamente. Paralelamente e en diálogo, na primeira planta do edificio desenvolverase a área temática dedicada á cidade de Ourense, desde as súas orixes ata finais da Idade Media, cos seguintes módulos expositivos: Ourense romano, As termas e As Burgas como centro terapéutico-relixioso e hixiénico, A antigüidade tardía e o cristianismo e, finalmente, A cidade medieval.

Decembro 2023
-
Belén Lorenzo Rumbao, María del Pilar Núñez Sánchez e Ana María Veiga Romero

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, na súa sede histórica na Praza Maior, pecha ao público
en 2002, para acometer obras de remodelación integral e adaptalo a unha museoloxía acorde ás demandas da sociedade do novo século. Os servizos do museo trasládanse ao edificio de Santa María de Europa, onde se almacenan as coleccións, agás unha serie de pezas que, baixo o título «Escolma de Escultura» se exhiben na sala San Francisco, que tamén serve de base para outras actividades puntais.

Novembro 2023
-
Xulio Rodríguez González

A peza que presentamos corresponde a un fragmento irregular de barro cocido, tendente a unha forma plano-convexa, de cor máis escura na parte superior, por efecto do lume, que na inferior. Procede das escavacións realizadas por Luis Francisco López González e Yolanda Álvarez González, nos anos 1996 e 97, no Castro do Castelo de Laias, con motivo das obras realizadas para a construción da autoestrada das Rías Baixas.

Presenta a peculiaridade de amosar as marcas en profundidade de tres dedos, ademais de gran cantidade de pegadas dactilares en toda a súa superficie.

Outubro 2023
-
Vicente Rodríguez Gracia

A fotografía, tomada ao redor de 1914, por García del Villar, retrata un grupo de once exploradores, sobre unha ponte de fortuna, tendida sobre un río que atravesa un bosque de carballos e amieiros. O río parece ser o Loña, un dos lugares preferidos para realizar as excursións da Asociación.

Setembro 2023
-
Ana María Veiga Romero

O obxecto do noso estudo é un fragmento de molde monovalvo para fundir barras, pranchas e tortas de diferentes tamaños. A peza evidencia unha grande economía de medios, preciso dominio das técnicas da metalurxia e unha importante rede de intercambios a media distancia.

Xuño 2023
-
Belén Lorenzo Rumbao

Os dous debuxos que constitúen a presente peza do mes ingresaron nas coleccións do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en 2002 como depósito da Xunta de Galicia, mediante compra, tras a oferta dun particular, quen pola súa vez os adquiriu nun anticuario na cidade de Burgos. Son obra do artista lucense Xesús Rodríguez Corredoira de Castro (Lugo, 1889-Portela de Roxos, Santiago de Compostela, 1939), do que a maior parte da súa produción se conserva no Museo Provincial de Lugo.

Maio 2023
-
José María Eguileta Franco

O Outeiro de Cavaladre, lugar situado no val de Salas, acolle unha necrópole formada por catorce monumentos megalíticos.

No monumento, entre outros materiais, destacamos as once puntas de frecha que descubrimos durante a escavación. Nesta Peza do mes estudiamos as características deste destacado grupo de artefactos que formaba parte da ofrenda funeraria, ben como enxoval, ben como parte dunha ofrenda fundacional.

Abril 2023
-
Ana María Malingre Rodríguez

A fundición Malingre elaborou polo menos tres tipos de potes: os correntes como este, os boca-ancha e os chamados «potes Malingre». Tamén fabricou outros recipientes de cociña como marmitas, potas e tarteiras, ademais de filloeiras.

Marzo 2023
-
María del Pilar Núñez Sánchez

Debuxo realizado por Joaquín Araujo y Ruano no verán de 1887 nunha das viaxes máis proveitosas da súa carreira, que o levou por Astorga e boa parte de Galicia. En Vigo descubriu un dos motivos máis inspiradores para as súas obras: as mariscadoras da ría. Nos seus apuntamentos recolleu diferentes momentos do traballo destas mulleres, as suas roupas, utensilios e as pequenas embarcacións á beira do mar.