Oito escudos. Carlos II. Igrexa Vella, Xinzo de Limia

01/06/2018 | 2018 | peza do mes
Fotograf’a de Oito escudos de Carlos II. Igrexa Vella. Xinzo de

A peza que presentamos –oito escudos de ouro de Carlos II, tamén coñecidos como onza ou dobróns de a oito–, apareceu no transcurso dos traballos arqueolóxicos realizados na parroquial de Santa Mariña, máis coñecida como Igrexa Vella, situada na zona antiga, na localidade de Xinzo de Limia.

Segundo o arqueólogo, Manuel Xusto Rodríguez, ao redor do ano 1650 fixeranse reformas nesta igrexa, cando se constrúen nichos funerarios de tipo familiar que conforman distintos niveis de enterramentos ata configurar o nivel do chan actual. Con estes restos aparece asociada, como é frecuente nesta época, cerámica vidrada melada, Talavera da serie tricolor e moedas que nos sitúan no reinado dos Austrias, entre as que destaca esta moeda depositada de maneira intencionada no lado dereito dun cadaleito de madeira, como enxoval, na sepultura 161/SM 6; situado por debaixo do altar maior, na ábsida, nun lugar preeminente; cunha dirección oeste-este, sendo a única delas que está mirando cara os fieis. A persoa enterrada debeu gozar polo tanto dun alto estatus, posiblemente relacionada cunha alta dignidade eclesiástica.

Boletín Avriense. Tomo XLVII

boletin

Concerto de Nastasia Zürcher Acoustic Trio

15/05/2018 | actividades
dim2018-_Facebook-Nastasia

O día 18 de maio, venres, ás 21.00h dentro das actividades do DIM2018, concerto no claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense na Praza Maior.

Nastasia Zürcher Acoustic Trio, compositora suízo-galega gañadora da categoría “Blues, Funk & Soul” nos Galician Music Awards 2016 (Premios Martín Códax da Música).

Entrada libre ata completar aforo.

Prazas esgotadas para as visitas guiadas con motivo do DIM 2018

15/05/2018 | actividades
DIM2018 web

Día Internacional dos Museos 2018

10/05/2018 | actividades
dim2018-cartaz_patio

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Visitas guiadas ao Edificio do Museo na praza Maior (antigo Pazo Episcopal)
Días 15 e 16 de maio ás 20.15 h
Día 18 de maio ás 12.00 h
Duración 60 min. Grupo reducido (20 persoas máximo)
Necesaria inscrición previa; no teléfono 988 788 439 ou enviando un correo a mapour@xunta.es

 

Obradoiros didácticos para nenos/as: Mapea no Mapour e Imprimindo o pasado en 3D
Días 16 e 18 de maio ás 11.00 h
Duración 90 min. Praza Maior, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

 

Concerto de Nastasia Zürcher Acoustic Trío
Día 18 de maio ás 21:00 h. Acceso libre ata completar prazas
Claustro do Museo Arqueolóxico (Praza Maior)

← entradas máis antigas