Xoves, día 4 da #MuseumWeek: #MomentosMuseoMW

14/05/2020 | xeral

#aculturasegue

Nesta cuarta xornada, a #MuseumWeeK baixo o lema #MomentosMuseoMW convídanos a recordar eses momentos de luz, de maxia, de arte… que de cando en vez se saen da rutina diaria.

Na presentación da Peza do mes da zanfona de Faustino Santalices pertencente ás coleccións do Museo, un xovencísimo zanfonista ourensán, Elías González Docampo, regalounos co seu talento este fermoso momento.