Trébede de Santomé

19/03/2020 | destacado | xeral

Vídeo realizado para a exposición organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en 2019-2020: «Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural» que recrea a reconstrución virtual da trébede de Santomé.
Este peculiar sistema de calefacción consistía nunha fiada de ladrillos colocados en vertical cubertos por outros dispostos en horizontal, a modo de banco adosado a un muro. O funcionamento consistía en facer lume nunha abertura no exterior da estrutura, de xeito que o fume circulase polo interior da canle ata a cheminea, caldeando o interior da estancia. O grupo de pezas conservado, un total de 49 fragmentos, está formado por ladrillos de distintos tamaños, seis deles de 51 x 51 x 6,5 cm; tres de 65 cm; outros tres cadrados de 22 cm de lado e o resto de medidas moi diversas.

#aculturasegue