Torre de Porqueira

31/07/2012 | xeral
porqueira 2

Fotografía de Fernando del Río que nos presenta esta torre medieval, veciña durante séculos da desaparecida Ponte Liñares, erixida maxestosa no marco da paisaxe limiá.

Formaba parte, xunto as torres de Sandiás e Pena, do baluarte defensivo da nobreza para controlar o territorio e os seus recursos. Firmes fortificacións que rodeaban á Lagoa de Antela, altivas vixiantes da Vía Nova Antoniana, do Camiño de Peregrinación a Santiago e dos camiños naturais que ían cara a Allariz, á Limia Baixa ou ó Val de Monterrei decorrendo ó carón dos ríos, fecundadores ao seu paso das fermosas e ricas veigas.