Sábado, día 6 da #MuseumWeek: #TecnologíaMW

16/05/2020 | xeral

#aculturasegue

No DIM2012 presentamos un vídeo do proceso de fabricación do Camafeo das Burgas, que hoxe queremos lembrar no día da #TecnologíaMW destacando a importacia da utilización das novas tecnoloxías aplicadas á investigación. A utilización do microscopio binocular e da luz de fibra óptica coa combinación do emprego da informática permitiron o recoñecemento de determinados procesos de fabricación, de gran importancia, desta interesante peza, que doutro xeito sería imposible descubrir.

Con esa información realizouse unha reconstrucción virtual deste Camafeo, empregando técnicas de animación e modelado 3D para recrear mediante combinación de imaxe de síntese e material fotográfico o proceso de fabricación da peza e explicar as súas peculiaridades. A aplicación desta tecnoloxía ao eido da arqueoloxía permite xerar material que pode ser empregado, tanto a nivel técnico e de investigación, como didáctico con fins divulgativos.

Máis información do Camefeo das Burgas na Peza do mes de maio de 2012