Rúa do Progreso, 1904

19/08/2015 | xeral
2015_07s

Á altura de 1904, data na que se imprimiu a segunda serie do álbum Portfolio de Galicia editado por Pedro Ferrer -publicación á que pertence esta imaxe- a actual rúa do Progreso vivía unha época próspera, moi acaída coa acepción que se lle deu ó seu nome, aínda que en orixe tivese distinto significado. Naceu como estrada mais pronto a súa amplitude e comodidade, que favoreceu o tránsito de mercadorías e persoas, fixo que ó seu carón se instalasen comerciantes e almacenistas, hospedarías e abundantes profesionais liberais que a converteron na principal arteria da cidade.

Esta estampa permítenos ir avanzando o vindeiro proxecto do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, mostra da súa alianza coa súa contorna.