Ponte Liñares

03/07/2012 | xeral
ponte Liñares 2

O emplazamento desta fermosa ponte estaba en relación co tramo ourensán na Limia da antiga vía de comunicación romana: a Vía Nova (Vía XVIII do Itinerario Antonino), correspondendo a súa fábrica a unha tipoloxía medieval con arranxos posteriores.

Ésta fotografía procede do Álbum conmemorativo de los XXV años de la creación del Instituto Nacional de Colonización. Provincia de Orense. 1964. Pódese observar a nova canle creada para a conducción das augas trala desecación da Lagoa de Antela.

A ponte foi destruída a mediados dos anos sesenta.

Sen dúbida é unha imaxe para o recordo.