Peza do día: O recordo das xoias. Parada Justel

25/06/2020 | xeral
o_recordo

#aculturasegue

Esta obra é unha das pezas senlleiras da colección de Belas Artes do Museo e un dos cadros máis coñecidos, reproducidos e aprezados no conxunto da produción do seu autor, o pintor ourensán e membro da Xeración Doente, Ramón Parada Justel (1871-1902).

O recordo das xoias, un óleo sobre lenzo de 151 x 117 cm, representa unha muller nova, atractiva e elegante, que se detén a contemplar, cunha expresión á vez nostálxica e introspectiva, o escaparate dunha xoiería. A figura aparece de perfil, nunha pose informal, sostendo un paraugas coa man esquerda mentres achega a dereita ao seu rostro. O tema afástase da espectacularidade e o melodramatismo dominante nas últimas Exposicións Nacionais, reproducindo unha imaxe cotiá da vida urbana contemporánea, reflexo da nova burguesía emerxente, que resulta anovador e orixinal.

Está datado en 1901, na fase final da vida do artista, quen falecerá o 13 de maio de 1902, con tan só 32 anos de idade.

Máis información na Peza do mes de setembro de 2012