Peza do día: IL TERZO LIBRO de Sebastiano Serlio

01/04/2020 | xeral
2011_10_p3-295x400

#aculturasegue

#DiadasArtesGalegas

Con motivo do Día das Artes Galegas, adicado á figura de Domingo Antonio de Andrade (1639-1712), un dos máis significativos arquitectos do Barroco compostelán e gallego, o Museo Arqueolóxico de Ourense presenta unha das xoias do seu Patrimonio bibliográfico e gráfico: Il Terzo Libro do pintor e arquitecto boloñés Sebastiano Serlio (1475-1554), iniciador da tratadística arquitectónica italiana do século XVI e considerado como o teórico máis importante do Cinquecento para a arquitectura española.

Boa proba da aceptación da obra de Serlio, composta dun total de sete libros máis un chamado extraordinario e outro manuscrito, son as 56 edicións do tratado durante os séculos XVI e XVII, ademáis de ser traducido a diferentes idiomas. En España coñeceu unha temperá edición a cargo do arquitecto Francisco de Villalpando, editada en Toledo en 1552, e reimpresa en 1563. A primeira edición do Libro Terceiro é de 1540, correspondendo o exemplar custodiado no Museo a unha segunda edición, con adicións, de 1544, publicada en Venecia. No frontispicio da portada representa unha ruína clásica co topos “Roma quanta fuit ipsa ruina docet” (A grandeza de Roma demóstrana as súas propias ruínas”, que gozou dunha extraordinaria popularidade tanto na poesía como nas artes.

A influencia no ambiente artístico deste repertorio gráfico comentado foi enorme, sendo frecuente a súa presenza nas bibliotecas dos nosos arquitectos, caso de Andrade, proba do coñecemento e utilización do mesmo e da cultura humanística do arquitecto galego, autor él mesmo de “Excelencias, Antigüedad y Nobleza de la Arquitectura”, o primeiro libro deste xénero publicado en Galicia.

Más información: Peza do mes de outubro de 2011