Peza do día: Folla de Grao do Padre Feijoo

25/04/2020 | xeral
FollaGrao_Feijoo

#aculturasegue

Coincidindo co aniversario do nacemento do Padre Feijoo en Casdemiro, Ourense, o 8 de outubro de 1676, presentouse na Peza do Mes de outubro de 2014 un estudio da súa Folla de Grao. A importancia desta folla reside en ser o primeiro documento impreso da obra dun home do que, tan só ao longo do século XVIII -segundo Marañón- chegaron a imprimirse 420 mil volumes. Xa no ano 1786 fixéranse 200 reedicións.

Esta Folla de Grao foi unha das pezas que formou parte da exposición O Padre Feijoo, cidadán libre da República Literaria, organizada pola Consellería de Cultura a través do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e da que se editou un Catálogo.