Peza do día: Cruz procesional renacentista

02/05/2020 | xeral
CE000541R

#aculturasegue

Esta cruz procesional, realizada en bronce na segunda metade do século XVI, estaba destinada a cubrir as necesidades cotiás do culto divino dunha freguesía que descoñecemos. Segue o tipo máis característico do Renacemento, en forma de cruz latina de brazos lixeiramente abalaustrados e decoración a candelieri. Ingresou no museo a través da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense.

Máis información na Peza do mes de marzo de 2012