Peza do día: Conxunto de materiais. Castro da Saceda

08/05/2020 | xeral
Materiais Castro de Saceda, Cualedro

#aculturasegue

O Castro da Saceda sitúase aos pés da Serra do Larouco, a escasos 500 metros da pequena poboación do mesmo nome, no concello de Cualedro (Ourense).

Nesta fotografía observamos unha punta Palmela, unha doa oculada e un alfinete ou agulla, todos eles obxectos de prestixio recollidos no castro. A existencia dunha gran cantidade deste tipo de obxectos e a súa forma de deposición poderían estar apuntando a «depósitos especiais de carácter ritual». Esta é a característica do conxunto de materiais aquí presentados ao tratarse de obxectos singulares, de difícil acceso e variada cronoloxía, sendo localizados todos eles ademais nun mesmo estrato e no contexto dun espazo simbólico concreto como é a porta de acceso ao poboado.

Máis información na Peza do mes de outubro de 2015