Peza do día: Cinto musical de sementes

05/05/2020 | xeral
MPORFCE004510_R

#aculturasegue

O museo agocha pezas tan exóticas como ésta que presentamos. Pertenceu a José Parada Carballo, un militar que xenerosamente legou ao museo a colección de obxectos que adquiriu nas viaxes realizadas por Europa e África ao longo da súa vida.

A Unesco celebra hoxe o Día Mundial do Patrimonio Africano, e para conmemoralo amosamos este cinto, procedente de Guinea Ecuatorial, de pouco máis dun metro de lonxitude realizado cunha fita de esparto trenzada da que penden duras sementes cortadas que ao entrechocar producen un ruidoso son para acompañar ao baile.