Peza do día: Chave de Castromao

26/04/2020 | xeral
MPORFCE006263_R

#aculturasegue

Chave romana de ferro de “tipo lacónico” con paletón de tres dentes, dobrado formando ángulo recto coa tixa ensanchada no extremo superior, onde se sitúa o anel de suspensión. Este tipo de chave abría pechaduras, posiblemente de madeira, de aí que non se conserve ningunha, cun mecanismo consistente ben en desprazar en sentido horizontal un pasador, ben en levantar por medio dos dentes o mesmo número de levas que caen por gravidade, en ambos casos a porta queda libre. A chave lacónica, que parece ser de orixe exipcia, atopámola en Grecia e foi perfeccionada polos romanos, dándolle ese aspecto rematado en argola, mellorando e diversificando o mecanismo de funcionamento, pasando do dispositivo por translación ou por elevación ó de rotación.

O uso da chave está ligado á utilización da porta, e como tal ós pobos sendentarios. Pero a chave non só é un utensilio de uso cotidián, senón que ó longo da súa historia encerra un forte simbolismo que se fai patente tanto na man dos deuses como dos simples humanos.

Máis información na Peza do mes de febreiro de 2002