Peza do día: Ara votiva

07/04/2020 | xeral
MPORFCE000028_R (copia 1)

#aculturasegue

No Día Mundial da Saúde amosamos unha peza das coleccións do Museo Arqueolóxico: unha ara romana votiva, cicelada no corpo central co seguinte epígrafe en latín:

NYMFIS / BOELI/VS RVF/VS . PRO / SALVTE / (s)VA . V(otum) . S(olvit)

Boelio Rufo cumpriu o voto que fixera pola súa saúde ás Ninfas das augas.

Barros Sibelo viu esta ara embutida na parede da casa reitoral de San Xoán dos Baños, de onde a mandou traer a Ourense o bispo Ávila e Lamas, colocándoa no Pazo Episcopal, de onde, por doazón, pasou ao Museo da Comisión en 1896 e así se recolle no primeiro volume do Boletín da Comisión de Monumentos de Orense : “En San Xoán dos Baños de Bande, onde aínda hoxe gozan gran reputación unhas augas termais que alí existen, foi descuberta esta pedra, que se conservou durante moitos anos nunha parede da casa rectoral daquela freguesía”.