Peza do día: Álbum de los Monumentos históricos y artísticos de la provincia de Orense. Comisión Provincial de Monumentos de Orense. 1895

10/05/2020 | xeral
2011_02_p

#aculturasegue

A defensa e a divulgación do patrimonio histórico-artístico e monumental de Ourense son obxectivos preferentes da Comisión Provincial de Monumentos. Esta preocupación por conservar os monumentos da provincia reflíctese noutras actividades desenvolvidas pola Comisión: Museo, Biblioteca, Boletín, exploracións arqueolóxicas, visitas de estudo… A sensibilidade mostrada pola Comisión no seu afán por investigar e divulgar a nosa riqueza artística materialízase no encargo aos señores Amor e Hermida da selección dunha serie de fotografías para facer un álbum cos monumentos da nosa cidade e provincia (Catedral, S. Francisco, Ponte Maior, Mosteiro de Celanova, Ribadavia, Sto. Estevo de Ribas de Sil, Oseira, Monterrei, Sta. Comba, San Pedro de Rocas, Ramirás, Augas Santas, Serantes, Allariz, Xunqueira, etc.) e distribuílo entre os estudosos do noso pasado histórico.

Nas actas da sesión da Comisión de maio de 1895 menciónanse as vistas fotográficas sacadas polo Sr. Martino que se envían a Barcelona para a súa encadernación e o primeiro Boletín, publicado en 1898, inclúe un artigo titulado El Álbum de la Comisión, coa relación das 59 vistas fotográficas de tamaño 18 x 24 cm que compoñen o álbum.

Máis información na Peza do mes de febreiro de 2011