Luns, día 1 da #MuseumWeek: #HéroesMW

11/05/2020 | xeral
Tarro botica celanova_R

#aculturasegue  #HéroesMW

A Museum Week celébrase a nivel mundial na semana previa á conmemoración do Día Internacional dos Museos (18 de maio).

Este ano, a organización da MuseumWeek elexiu como lema Togetherness, motivo que cobra especial relevancia na situación de emerxencia sanitaria que vivimos a nivel mundial.

Empezamos a semana rendendo homenaxe a #HéroesMW que loitan diariamente contra o virus. Queremos recoñecer o esforzo de todas as persoas que seguiron traballando ou axudando para superar xuntos ésta díficil situación. De entre todos eles hoxe recordamos especialmente a uns colectivos esenciais, os vinculados á sanidade: que investigan, que nos curan, que nos facilitan os medicamentos, que nos coidan…

A imaxe corresponde a un albarelo pertencente á colección de tarros de botica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Realizado en Cerámica de Talavera, procede do Mosteiro de Celanova, como indica o seu escudo baixo capelo e coa cruz patada de San Rosendo.

Máis información sobre os tarros de botica na Peza do mes de xuño de 2000