Marcelo Macías (1843-1941)

03/08/2018 | xeral
medalla marcelo-page-001

Marcelo Macías García (1844 – 1941) é a figura referente en Ourense na última década do século XIX e o primeiro terzo do XX no ámbito cultural. Aínda que nado en terras astorganas, Marcelo Macías atopou acomodo en Ourense e desenvolveu a súa valía, liderando canta iniciativa se formulaba no eido cultural. Da súa adaptación á terra e o recoñecemento da comunidade que o acolleu dan fe dous títulos: o de Fillo adoptivo da cidade de Ourense (1917) e Fillo adoptivo de Galicia (1925), ademais das homenaxes que recibiu en vida.

Trátase dunha figura que abarcou diferentes facetas entre as que cabe destacar as de profesor, orador e historiador, ademais de conservador e director do Museo Arqueolóxico. Precisamente esta estreita relación co Museo motiva que sexa este quen promova una mostra sobre a súa persoa este outono ao cumprirse o 175 aniversario do seu nacemento.