Vídeo en 3D: “Evolución histórica do edificio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense”

20/05/2013 | destacado | xeral

O musarqourense presenta o vídeo coa reconstrución en 3D «Evolución histórica do edificio do Museo Provincial de Ourense».
Este filme reflexa os resultados das escavacións e investigacións que durante anos foron levadas a cabo no inmoble.
O edificio coñecido como Pazos, Torres e Curral do bispo é un dos escasos exemplos de arquitectura románica civil conservada ao que se foron engadindo soportes representativos de cada tempo histórico.