Visión da Xeración Nós nas ciencias naturais

novembro 2020 | peza do mes | Vicente Rodríguez Gracia
2020_11_p

Se repasamos a revista Nós nos seus 144 números e os índices de Fernández Oxea atoparemos moi contados traballos dedicados ás ciencias naturais. Case todos os números centran o seu interese en aspectos de arqueoloxía, prehistoria, etnografía, heráldica, lingüística, etc… e soamente os artigos xeográficos de Otero Pedrayo conteñen datos que poderían ser estudos da natureza.

Con todo, veremos como persoas afíns á xeración «Nós», alleos ao núcleo fundacional, pero pertencentes a institucións moi ligadas a ela, por cotidianidade e ideoloxía, cultivaron facetas variadas sobre o medio natural.