Unha pasaxe da vida de san Bieito

outubro 2013 | peza do mes | Cristina Rodríguez Rodríguez e Francisco Fariña Busto
2013_10_p

Esta representación non forma parte das secuencias habituais da vida de San Bieito pois este é un episodio da vida do Santo relacionado coa fundación de novos mosteiros, atendendo a que o santo abade bendice coa mán dereita e parece entregar o báculo, que sostén na esquerda, ao monxe que o recibe axeonllado. Á cerimonia desenvólvese na porta da igrexa, flanqueda de senllas columnas, que enmarcan ao santo. Un grupo de monxes acompaña ao que recibe o báculo, e outro se difumina no interior da igrexa. Outra arquitectura que lembra un arco monumental aparece detrás do que semella o pórtico dunha igrexa e unha paisaxe na que destaca unha ermida sobre unhas rochas nun plano elevado conforman o fondo da composición.

Esta pintura do século XVIII, que puido pertencer ao antigo mosteiro de San Clodio do Ribeiro, incorporouse como doazón da casa familiar dun particular aos fondos do Museo. Mellorada logo dun intenso proceso de restauración, ofrece aínda moitos elementos abertos á discusión e pescuda dos interesados no tema.