Santa Eufemia

xaneiro 2013 | peza do mes | Avelino Rodríguez González
2013_01_p

Esta escultura de factura gótica situábase en Mariñamansa, ás aforas da cidade de Ourense, nun cruceiro coñecido como Cruz de Santa Eufemia. Datable nos inicios do século XIV, é testemuño do culto á mártir Santa Eufemia e da súa importancia na cidade de Ourense, sendo así mesmo unha das máis antigas manifestacións dos cruceiros conservados.