Retrato de Alfredo Nan. Vicente Díaz y González

abril 2013 | peza do mes | Belén Lorenzo Rumbao
2013_04_p

Entrañable retrato do poeta e dramaturgo Alfredo Nan de Allariz, caricaturizado como gaiteiro, enarborando a bandeira galega e cun pé en Galicia e outro en Cuba.

A obra está realizada a óleo sobre unha paleta de pintor de madeira, de 32 x 22 cm, e aparece dedicada e asinada no ángulo inferior dereito do anverso “A Nan de Allariz su devoto V. Díaz González”. No reverso presenta unha anotación, que di “Retrato del poeta gallego Alfredo Nan de Allariz pintado por Vicente Díaz González, en Ferrol, el día 13 de Mayo de 1909, el mismo día que el poeta cumplía 35 años”.