Ramón Parada Justel. Mercurio e Argos, copia de Velázquez

maio 2016 | peza do mes | Belén Lorenzo Rumbao
Fotograf’a do cadro de Parada Justel Mercurio e Argos, copia de

Durante os seus anos de estudante, Parada Justel fará frecuentes visitas ás salas do Museo do Prado onde realiza diversas copias que podemos seguir a través dos Libros de Copistas do propio museo. O sistema de ensino entendía que o estudo dos antigos mestres era fundamental para a formación dos xoves estudantes e o Museo do Prado, coas súas extraordinarias coleccións, brindáballes a oportunidade de coñecer e copiar de modo directo as obras dos grandes artistas do pasado.

O cadro Mercurio e Argos (25 x 33 cm), obra que non aparece rexistrada nos Libros de Copistas, ingresou no museo ourensán en 1985 procedente dunha colección particular. Na anotación manuscrita que figura no reverso do lenzo podemos ler «Estudio de Velázquez. Parada Justel. 1896».