Prancha de gravado. Santo Cristo de Ourense

marzo 2014 | peza do mes | Belén Lorenzo Rumbao
2014_03_p

Prancha calcográfica coa imaxe do Santo Cristo de Ourense, aberta en Madrid por IOAN PEREZ en 1743 segundo consta na borrosa inscrición que figura na parte inferior.

Trátase da lámina ou matriz que serviu para a realización de estampas coa venerada imaxe no século XVIII, no momento de maior desenvolvemento e difusión da estampa de devoción popular.