Poutada

xuño 2011 | peza do mes | Rodríguez Gracia, Vicente
153_2011_06_p

A peza que hoxe nos ocupa trátase dun canto rodado, ovalado, case circular, de 76 x 67 mm, aplanado, cun grosor máximo de 30 mm e un peso de 202,2 gr. É de cuarcita gris, de gran fino. Sobre os extremos do eixe maior presenta extraccións, realizadas con percusor duro, dous en cada extremo, en forma de lascas duns 25-30 mm, asimétricas nun deles, que producen a ambos os dous lados do artefacto unhas marcas. A peza foi achada en superficie o 17-VIII- 1975, xunto a varias decenas similares e numerosos picos “camposanquienses”, na praia interior de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).