Porcelanas chinesas. Edificio do Museo

xuño 2015 | peza do mes | Ana Mª Veiga Romero
2015_06_p

Porcelanas chinesas tipo carraca e imari dos séculos XVI e XVIII recuperadas nas escavacións realizadas no edificio do Museo, solar das Torres, Pazos e Curral do Bispo de Ourense, na primeira década do século XXI para adaptalo a novas necesidades museográficas. Materiais, que xunto con outros, están a contribuír ao coñecemento dos patróns de uso-consumo de bens de importación por parte da sociedade ourensá ao longo da Idade Moderna.