Picos camposanquenses

novembro 2013 | peza do mes | Vicente Rodríguez Gracia
2013_11_p

As pezas que nos ocupan son tres picos camposanquenses que proceden dos achados fortuítos da zona litoral de Oia (Pontevedra), recollidos en superficie no primeiro terzo do século XX e ingresados pola Comisión Provincial de Monumentos no fondo do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Todos eles son cuarcitas de erosión e puimento mariño. Talláronse unifacialmente, de forma ruda e con percusor duro. Os tres amosan sinais de rodamento e non amosan pegadas de ter sido enmangados.