Pezas líticas puídas

xuño 2013 | peza do mes | Xermán Darriba Barba
2013_06_p

A “Peza do mes” que presentamos parte dos resultados dos traballos, e dos achados materiais das prospeccións e escavacións arqueolóxicas, que o enxeñeiro M. Díez Sanjurjo realizou nos concellos do Carballiño, Cea e Vilamarín. Estas pezas representan un fito histórico para o coñecemento dos enxovais funerarios megalíticos máis interesantes da Prehistoria Recente na provincia de Ourense.