Peza de marfil de Xinzo de Limia

marzo 2019 | peza do mes | Manuel García Valdeiras
Fotograf’a da peza de marfil, Xinzo de Limia

Esta peza apareceu durante o desenvolvemento do proxecto: Escavación arqueolóxica na rúa Sta. Mariña núm. 4-6 (Xinzo de Limia, Ourense), executado durante os meses de marzo e abril de 2016 por Manuel García Valdeiras.

A morfoloxía da peza, a súa estabilidade e o seu tamaño indícannos que estamos ante una peza de xogo e o material de importación fálanos dunha peza cara e exclusiva, o que nos leva a pensar nun xogo con pezas antropomorfas e de desfrute restrinxido a unha elite que se pode permitir materiais de importación.

Podemos deducir, como hipótese funcional, que se trata dunha peza de xadrez e tendo en conta o contexto da contorna inmediata coa cercanía á necrópole románica, debemos presupor unha cronoloxía medieval.