Paisaxe de Praga. Vicente Risco

setembro 2020 | peza do mes | María del Pilar Núñez Sánchez
2020_10_p

O 30 de outubro de 1920 publícase en Ourense o primeiro número da revista Nós. Cen anos dun fito que, dende o Museo, queremos lembrar a través do estudio dalgunhas pezas da colección que reflicten a inesquecible pegada que para a nosa terra, lingua, sociedade e cultura supuxo o traballo desenvolvido polos intregrantes da Xeración Nós.

Vicente Risco, no libro Mitteleuropa, publicado en 1934, recolle a crónica de todo o visto, vivido e sentido na viaxe a Alemaña con calidade literaria e por riba de todo, con alma. Memorias que tamén publica de xeito intermitente na revista Nós dende 1930 ata 1935 incluíndo a parte de Viena e Praga que non aparecen no libro.

Nesa viaxe a Praga, Risco debuxa o bosquexo a lápis, xerme e inspiración para esta pequena acuarela, que o Museo conserva nos seus fondos, dunha fermosa paisaxe á beira do río Moldava.

No día que se publica esta Peza do mes, 1 de outubro de 2020, cúmprense ademáis, 136 anos do nacemento en Ourense, de Vicente Martínez Risco y Agüero, “home bo e xeneroso” e unha das figuras máis senlleiras da nosa cultura galega.