Micrólitos

novembro 2012 | peza do mes | Vicente Rodríguez Gracia
2012_11_p

O micrólito adoita ser definido como unha peza de equipamento dos cazadores da Europa posglaciar en forma de obxectos líticos confeccionados a partir de laminiñas, cunha dimensión maior límite, aproximada, de 2,5 cm e que só poden ter utilidade mangados, sobre todo en arpóns de pesca  e en puntas de frecha.

As pezas que nos ocupan son dous micrólitos, sobre sílex, moi similares en tamaño e contexto. O da esquerda é un trapecio asimétrico atopado na mámoa M5 do Outeiro de Cavaladre, Santiago de Requiás, Muíños (Ourense) e o da dereita é un fragmento doutro trapecio atopado na mámoa M2 do Monte de San Bieito, San Mamede de Grou, Lobios (Ourense).