Il terzo libro. Serlio

outubro 2011 | peza do mes | María José Sierra Rodríguez
Tratado de Arquitectura. Libro III

O Tratado de Arquitectura de Sebastián Serlio, tamén coñecido como Sete libros de Arquitectura, do que a biblioteca do Museo Arqueolóxico ten un exemplar do Libro Terceiro e outro do Libro Primeiro e Segundo, foi unha obra de referencia excepcional para os arquitectos durante séculos. No momento da súa publicación foi recibido como o necesario manual ilustrado práctico, didáctico e con numerosos exemplos que facilitaban a comprensión do exposto, presentado de maneira concisa e breve.