Fusaiolas. Castro de San Cibrao de Las

outubro 2019 | peza do mes | Vicente Rodríguez Gracia
Fusaiolas. Casto de San Cibrao de Las

As fusaiolas son pezas de diferentes materiais, de forma máis ou menos circular, aplanadas e cunha perforación central. Están claramente unidas á industria téxtil prehistórica, protohistórica e histórica. A abundancia de fusaiolas indica abundancia da actividade de fiar. Usábanse na parte inferior do fuso, para obter co seu peso unha rotación regular na fía manual. Así a función da peza era equilibrar o fuso (péndulo), manter a velocidade de rotación e soster o fiado.

A decoración é moi variada -puntos, incisións, círculos concéntricos, raios, estrelas…- e sempre ou case sempre se sitúa no anverso ou cara superior (por ser a parte visible).

As dúas pezas que nos ocupan proceden do castro de San Cibrao de Las e foron exhumadas na escavación de 2003. Son dúas pezas modeladas en arxila e están decoradas.