Fotografía: Xardín do Posío

novembro 2014 | peza do mes | Vicente Rodríguez Gracia
Fotograf’a hist—rica

Da peza do mes, positivo sobre papel «Valca» de 18,5 x 11,5 cm, con marxe branca de 1 mm, reproducindo a fonte de El Bosque no Xardín do Posío, descoñecemos a data exacta de ingreso no Museo, así como o seu doador e mesmo a data na que foi tomada. Polo tipo de vexetación, indumentaria do neno que se asoma ao peitoril da fonte e data do seu traslado calculamos a súa toma entre 1950 e 1968.

Só está clara a súa autoría: «A. Pacheco» (sinatura no ángulo superior dereito).

O autor da nosa fotografía é Julio Augusto Bautista Pacheco, que traballa en Alba dende 1925, sobre todo como retocador. Os seus amigos eran Cimadevila, Lorenzo, Carlos Velo e Xocas, reuníndose con frecuencia na rúa da Paz nº 30, xurdindo numerosos proxectos, mesmo cinematográficos.