NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Fotografía. Retrato de Emilio Castelar

Fotografía. Retrato de Emilio Castelar

Novembro 2018
-
Roberto Aneiros García
Fotografía. Retrato de Emilio Castelar
Fotografía. Retrato de Emilio Castelar

O autor deste retrato de Emilio Castelar y Ripoll (1832–1899) foi o fotógrafo catalán Agustín Capmany i Serra (1846–1914) que tiña o seu laboratorio en Barcelona –rúa Fernando VII, n.º 36– e, segundo La Vanguardia, abriu o seu taller o 20 de setembro de 1884 polo que esta fotografía de Castelar podería ser daqueles anos –non anterior a esa data– o cal é bastante consecuente coa idade do retratado.

É necesario preguntarse pola razón da presenza deste retrrato nas coleccións do museo e encontrámola na dedicatoria manuscrita e asinada polo tribuno ao pé da imaxe: “A mi amigo y correligionario el elocuente orador y sabio J.M. Paz Novoa en señal de cariñoso afecto y profunda estimación”.

Aquela relación amigable, ademais de perdurar no tempo, tivo unha vertente política xa que Juan Manuel Paz foi a cabeza do republicanismo castelariano en Galicia e propiciou unha visita de Castelar a Ourense no ano 1885, visita na que o político se aloxou no domicilio de Paz Novoa –na rúa Progreso– polo que esta fotografía foi, sen dúbida, un regalo que fixo ao seu amigo por aqueles anos e cuxa datación, en consecuencia, pode establecerse entre 1880 e 1890 aproximadamente.

A fotografía, formando parte dun lote de obxectos pertencentes orixinariamente ao profesor ourensán, foi doada ao museo no ano 2015.