Fotografía antiga das termas da Chavasqueira

novembro 2022 | peza do mes | Vicente Rodríguez Gracia
Fotograf’a antiga das termas da Chavasqueira

A fotografía móstranos o río Miño no seu encadramento montañoso tomada desde a beira dereita preto do afloramento da Chavasqueira prope a capital. Obsérvanse pequenas charcas formadas na desembocadura das augas termais e un grupo de persoas que as aproveitan.

A data da fotografía pódese precisar no primeiro lustro dos anos 50 do pasado século, xa que a construción máis destacable no monte do fondo é o Seminario Maior (comezado a construír polo bispo Blanco Nájera en 1950 e rematado e inaugurado polo bispo Temiño Sáiz en 1953).

Esta fotografía, depositada na colección do Museo Arqueolóxico, está acompañada doutras tres tomas: unha que destaca pola fileira de bañistas envoltos en mantas, toallas e albornoces, e outras dúas que retratan o templete, dentro do cal se producía o afloramento termal.