Explicación aos Salmos. Século XVI

setembro 2016 | peza do mes | Justo Carnicero Méndez-Aguirre
Explicaci—n ao Salmos. Peza do mes

A obra que traemos aquí é unha tradución ao latín dos salmos. A encadernación faise en pel marrón e tiña pechaduras, hoxe perdidas. No corte dianteiro porta a anotación manuscrita: TITELMANS IN PS[almos] e no lombo: A/126, que se correspondería co autor, título e número de andel. As medidas son 33 cm de longo, por 21 cm de largo e 5 cm de grosor.

A primeira edición desta obra é do ano 1531, realizouse en Amberes nos talleres de Martino Cesar. A segunda, ésta á que nos referimos é una coedición realizada entre París e Lyon. Na primeira cidade Xoan Roigny sub basilisco e na segunda os irmáns Xoán e Francisco Frelleos, sub scuto coloniensi. Curiosamente, na portada, aparece un taller tipográfico, cos materiais que se usaban para confeccionar un libro e ao fondo, un personaxe lendo unha páxina.

A paxinación vai en folios en numeración romana. O libro fórmano tres volumes; ao comezo inclúese a dedicatoria do autor a Carlos V, firmada en Lovaina, no 1531 e ao final, no colofón o autor remata coa frase: «Bene vala Philochiste lector».

Este libro figura no Boletín de la Comisión de Monumentos en 1906, entre as obras adquiridas xunto a un libro coral dominico, tamén do século XVI e un dicionario en francés.