Espadas modernas. Séculos XVII ao XX

xuño 2014 | peza do mes | Juan Diego Conde Eguileta e Santiago Vilar Labarta
Coleccion espadas

A colección de armas, formada nos primeiros anos de vida do Museo polos membros da Comisión de Monumentos, mostra, unha vez máis, a diversidade das súas coleccións e a evolución dos gustos á hora de crealas. As xenerosas doazóns de particulares e, ocasionalmente, de institucións permitiu ir reunindo un conxunto de armamento fundamentalmente de orixe española, do que facemos unha pequena selección do máis representativo.