Cunca “de imitación” de paredes finas emeritenses

setembro 2013 | peza do mes | Manuel Xusto Rodríguez
2013_09_p

As cerámicas de mesa romanas foron e son na actualidade un dos instrumentos máis importantes cos que conta o arqueólogo para datar as unidades estratigráficas resultantes de toda escavación e entre elas, dentro da cerámica fina, foi sen dúbida a terra sigillata a que tivo unha maior implantación. Este mesmo feito ocorre tamén nos estratos romanos da Igrexa Vella de Xinzo de Limia onde, fronte á considerable presenza de terra sigillata, dáse a instauración moito menor da cerámica de paredes finas, só documentada nos estadios finais dos estratos altoimperiais; pero non por iso menos relevante á hora de integrarmos a súa presenza no discurso da interpretación histórica.