NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Cerámica marmorata. Castromao

Cerámica marmorata. Castromao

Decembro 2016
-
Xulio Rodríguez González
Cerámica marmorata. Castromao
Cerámica marmorata. Castromao

Cunca de terra sigillata marmorata da forma Drag. 29, con bordo aberto e carena ben marcada. O bordo está conformado externamente por tres elementos: labio e moldura decorada con rodiña, con acanaladuras, e moldura tamén decorada con rodiña, levando tamén internamente unha acanaladura. Segue unha ringleira de perlas, ben marcadas, dando paso a unha decoración disposta en dous frisos: no superior presenta unha sucesión de grilandas compostas por tallos e rematadas por motivos florais, nun dos lados, e no inferior, óvalos de cabeza semicircular e nervios no perímetro externo. Ambos os dous frisos están separados por unha moldura decorada con rodiña, franqueada por liñas de perlas. Pasta de cor rosada e acabamento característico da marmorata, que é unha variedade de terra sigillata sudgálica, que recibe ese nome por presentar un aspecto externo de cor amarela con vetas, recordando a textura do mármore.

Desde o momento en que se empezou a utilizar a cerámica, no neolítico, coñécense técnicas de reparación destes vasos, por tratarse dun material fráxil, de fácil fractura. Esta peza presenta quince buratiños con restos de lañas de bronce.

Foi descuberta no xacemento de Castromao, na campaña de 2007, dirixida por Luís Orero Grandal.