Cerámica bracarense. Campamento Aquae Querquennae

marzo 2022 | peza do mes | María del Pilar Núñez Sánchez e Iria Veloso Pérez
2022_03_p

A peza que hoxe presentamos, un prato de cerámica bracarense, rexistrouse no museo co número DX1209/26. A restauradora Iria Veloso foi a encargada da súa limpeza e reintegración, como nos explica no documento anexo.

A cerámica bracarense é unha cerámica fina de  carácter rexional que se caracteriza por unha pasta  clara, de cor crema ou castaño suave, moi decantada  e depurada, que se cobre, ás veces, no exterior, dun  engobe alaranxado, aínda que pode aparecer sen el.

A presenza significativa deste tipo de vaixela de mesa  en Aquae Querquennae, debe estar relacionada coa  subministración á lexión situada neste campamento.