Camafeo “de imitación” das Burgas ou da Casa dos Fornos. Ourense

maio 2012 | peza do mes | Manuel Xusto Rodríguez
2012_05_p

Presentación da “Peza do mes” coa utilización de novas tecnoloxías aplicadas á investigación e á presentación o venres día 18 ás 20 h. na Sala de exposicións de San Francisco no marco do Día Internacional dos Museos. Entrada libre.

A utilización do microscopio binocular e da luz de fibra óptica coa combinación do emprego da informática permitiron o recoñecemento de determinados procesos de fabricación, de gran importancia, desta interesante peza, que doutro xeito sería imposible de descubrir.

Por outra banda utilizase como apoio para a presentación unha reconstrucción virtual deste Camafeo das Burgas, empregando técnicas de animación e modelado 3D para recrear mediante combinación de imaxe de síntese e material fotográfico o proceso de fabricación da peza e explicar a súas peculiaridades. A aplicación desta tecnoloxía ao eido da arqueoloxía permite xerar material que pode ser empregado, tanto a nivel técnico e de investigación, como didáctico con fins divulgativos.