NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Caderno de debuxos inéditos do P. Sarmiento (1725-1755)

Caderno de debuxos inéditos do P. Sarmiento (1725-1755)

Marzo 2021
-
Justo Carnicero Méndez-Aguirre
Caderno de debuxos inéditos do P. Sarmiento (1725-1755)
Caderno de debuxos inéditos do P. Sarmiento (1725-1755)

O 9 de marzo de 1695 nacía en Villafranca del Bierzo (León), Fr. Martín Sarmiento. Estamos, pois, ante o 336 aniversario do seu nacemento, e nunca mellor ocasión para dedicarlle A Peza do mes, e mostrar unha cara oculta e inédita da súa polimórfica obra. Trátase do seu caderno de debuxos, onde descubrimos a súa faceta artística.

Estes debuxos serán o complemento aos Cadernos, no que el denominou «Peregrinaciones propias». Todos os debuxos coinciden exactamente cos lugares por onde pasou o P. Sarmiento, nas súas tres viaxes a Galicia, 1725, 1745 e 1754-1755. O propio Fr. Martín Sarmiento escribiu: «Tomé y llevé conmigo, un libro en cuarto y en blanco para ir escribiendo en él mi Diario de todos mis Viajes». Nel anotou os topónimos que ía atopando no percorrido e debuxou as inscricións antigas: romanas, suevas, góticas e galegas medievais. Será o complemento á correspondencia conservada.

Este caderno facticio, de formato apaisado (28 x 38 cm), encadernado en rústica e con lombo de pel foi adquirido pola Comisión de Monumentos a comezos do século XX. Consta de 76 láminas, numeradas as 61 primeiras mentres que da 62 á 76 están sen numerar. Podemos afirmar que as primeiras, enmarcadas por marcos gravados con temas vexetais e entrelazos, cunha orla superior onde vai o número, son as definitivas, e as segundas, bosquexos e apuntamentos de campo.

NOTA ACLARATORIA

O investigador Justo Carnicero Méndez-Aguirre fai unha puntualización en relación a esta Peza do Mes. O caderno recolle, encuadernados, un gran conxunto de debuxos realizados polo Padre Sarmiento na súa viaxe por Galicia, pero tamén incorpora un de maior formato -polo que se insire dobrado- que non é da súa autoría, senón do arquitecto compostelán Miguel Ferro Caaveiro. Así o ratifica a súa sinatura ao pé. Justo Carnicero sinala, ademáis, que un debuxo case idéntico, de 1771, consérvase no Arquivo da Catedral de Santiago. Foi estudiado e publicado polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Taín Guzmán e Rocío Sánchez Ameijeiras, así como pola profesora Mª Dolores Barral Rivadulla.