Fotografía. Alameda do Concello

novembro 2016 | peza do mes | Vicente Rodríguez Gracia
Fotograf’a. Alameda do Concello. Ourense. Peza do mes

Esta fotografía, estudiada por Vicente Rodríguez Gracia, é a copia dunha placa de cristal realizada no primeiro terzo do século pasado na Alameda do Concello. Forma parte dunha extensa colección, rescatada por Fernando del Río nos anos 80 e que foi doada por D. Pablo García Vázquez aos fondos do Museo. A colección componse de numerosas placas de cristal tomadas cunha ICA «Ideal», con obxectivo TESA, de fabricación alemana, que foron realizadas e reveladas polo Dr. García Pérez (médico cirurxán do Hospital Provincial de Ourense), pai do doador.

A fotografía, na que aparece a cara N. do Parque, coas traseiras da rúa Reza, os plataneiros añosos, a fábrica de zapatos e dúas mozas (parentes próximas do Dr. García), está tomada nun ano indeterminado, pero antes de 1927, data en que desaparece o Hospital de San Roque, presente aínda na imaxe. Ademais podemos presumir pola vestimenta das mulleres unha datación cara á segunda década do século XX.