Marcelo Macías. 175 Aniversario

MM175_catalogo_cuberta.indd

Fotografía. Retrato de Emilio Castelar

02/11/2018 | 2018 | peza do mes
Retrato de Emilio Castelar

O autor deste retrato de Emilio Castelar y Ripoll (1832–1899) foi o fotógrafo catalán Agustín Capmany i Serra (1846–1914) que tiña o seu laboratorio en Barcelona –rúa Fernando VII, n.º 36– e, segundo La Vanguardia, abriu o seu taller o 20 de setembro de 1884 polo que esta fotografía de Castelar podería ser daqueles anos –non anterior a esa data– o cal é bastante consecuente coa idade do retratado.

É necesario preguntarse pola razón da presenza deste retrrato nas coleccións do museo e encontrámola na dedicatoria manuscrita e asinada polo tribuno ao pé da imaxe: “A mi amigo y correligionario el elocuente orador y sabio J.M. Paz Novoa en señal de cariñoso afecto y profunda estimación”.

Aquela relación amigable, ademais de perdurar no tempo, tivo unha vertente política xa que Juan Manuel Paz foi a cabeza do republicanismo castelariano en Galicia e propiciou unha visita de Castelar a Ourense no ano 1885, visita na que o político se aloxou no domicilio de Paz Novoa –na rúa Progreso– polo que esta fotografía foi, sen dúbida, un regalo que fixo ao seu amigo por aqueles anos e cuxa datación, en consecuencia, pode establecerse entre 1880 e 1890 aproximadamente.

A fotografía, formando parte dun lote de obxectos pertencentes orixinariamente ao profesor ourensán, foi doada ao museo no ano 2015.

Exposición Marcelo Macías. 175 Aniversario

29/10/2018 | exposicións
MM75_Cartaz

Dende o 31 de outubro de 2018 ata o 20 de xaneiro de 2019 permanecerá aberta na sala de exposicións Afundación en Ourense (praza Maior, 4) a exposición MARCELO MACÍAS. 175 ANIVERSARIO, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

 

Horario:

De luns a venres de 17.30 a 20.30h

Sábados, domingos e festivos das 12.00 ás 14.00 h e das 17.30 ás 20.30 h

Entrada de balde.

Presentación da Peza do Mes

08/10/2018 | actividades
_MG_9734

O mércores 10 de outubro ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do Mes de outubro de 2018: “SEMENTES. CASTRO DE TRELLE” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Vicente Rodríguez Gracia.

Entrada libre.

Sementes. Castro de Trelle

02/10/2018 | 2018 | peza do mes
2018_10_p

O ourensán castro de Trelle atópase situado entre os municipios de Toén, Cartelle, Barbadás e A Merca, próximo á parroquia de Santa María de Trelle. Preto atópanse os lugares das Labradas e do Val de Abelaira, con outros topónimos próximos como O Castro de Pereira, O Castro, Eiriñas dos Mouros, Pedra Furada, etc., polo que a zona é coñecida na literatura e polos paisanos como os Castros de Trelle.

O Castro sufriu variados avatares, pero nunca foi escavado cientificamente. Antes de 1970 temos noticias dun espolio clandestino. En 1972 entregamos no MAPOu numerosos fragmentos cerámicos recolleitos en superficie e ese mesmo ano un garda forestal depositou os fragmentos dunha ola globular castrexa. En 1978 publicamos no BAur. uns materiais achados en superficie (1971) nos vertedoiros da pista forestal que ascende ao castro (unha afiadoira, unha fusaiola, anacos de cerámica e unha fíbula de bronce, así como grans de cereal –trigo–) (1972).En 2017 dóanse ao MAPOu catro anacos cerámicos, correspondentes a dúas vasillas, e uns grans de trigo daquel lote. Os grans de trigo (ao redor de medio centenar) apareceron calcinados, soltos, e incluídos nunha masa arxilosa, xunto a carbóns vexetais e anacos de cerámica castrexa, lisa (…) «entre as raíces dun piñeiro caido». «Parte dos grans de trigo (foron) cedidos para o seu estudo ao Prof. Vázquez Varela (Dr. de Prehistoria da Universidade de Santiago)».

← entradas máis antigas entradas máis recentes →