Puñal de antenas. Castro de San Cibrao de Las

01/06/2017 | 2017 | peza do mes
Fotograf’a pu–al de antenas de San Cibrao de Las

Os puñais de antenas, así denominados polas características prolongacións en que rematan as súas empuñaduras, son unha das pezas máis representativas da Idade do Ferro do noroeste peninsular. Na súa fabricación, como nun crisol, fusionaranse tradicións metalúrxicas de orixe mediterránea, atlántica e centroeuropea. O resultado é unha nova arma, froito da asimilación de influencias diversas, cunhas características propias que a converterán na arma castrexa por antonomasia.

Exposición: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Historia e coleccións

24/05/2017 | destacado | exposicións
Expo_San Cibrao de las

Sala de Exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa. San Cibrao de Las.

Horario: De martes a domingo, de 10.00 a 18.00 h.

 

O obxectivo da exposición Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Historia e coleccións é, por un lado, achegar ao visitante á complexa historia do museo e ao seu longo devir durante case un século ata encontrar unha sede definitiva, e por outro, mostrar a variedade dos seus fondos dentro do marco xeográfico, histórico e cultural da provincia de Ourense. En consecuencia, coa difusión e a divulgación como base, preténdese dar a coñecer esta institución, as súas coleccións e as súas tarefas de investigación, documentación e conservación co fin de preservar a memoria colectiva.

Unha parte da exposición dedícase á historia do museo dende a súa creación pola Comisión Provincial de Monumentos en 1844, cunha traxectoria lastrada sempre pola carencia dunha sede propia, o que obrigou a desprazarse por diferentes edificios, o antigo Colexio de San Fernando (Xesuítas), o Convento de Santo Domingo e o Centro provincial de Instrución ‒dende 1896‒, ata que en 1951 o estado compra o Pazo do Bispo para convertelo en sede do museo e como tal foi ocupado ata o 2002, ano en que quedou sen usos museísticos, debido a que o crecemento das coleccións, as novas necesidades museográficas e a ampliación dos servizos prestados polos museos facían obrigatoria unha reforma e rehabilitación do edificio.

A maior sección desta mostra ten como obxectivo proporcionar unha visión panorámica da evolución histórico cultural de Ourense na que a colección do museo permite facer un percorrido que vai dende o Paleolítico, pasando polo Megalitismo, a cultura castrexa ou o mundo galaico-romano, ata a arte do século XX. Non só se estudan os principais xacementos arqueolóxicos senón que as pezas encontradas neles e outras moitas que foron ingresando co paso do tempo se converteron en fitos significativos que explican a nosa Historia e cuxa lectura e interpretación implican a recuperación do noso pasado, dos nosos costumes e formas de vida.

En definitiva, en sesenta e cinco paneis con textos e imaxes condénsase boa parte do labor de conservación deste museo, das súas coleccións e polo tanto de Ourense na Historia.

Concerto Clara Pino & Pablo Vidal

16/05/2017 | actividades
Dim2017_flyer

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS o Museo Arqueolóxico organiza un concerto de Clara Pino & Pablo Vidal.

21:00 h. Acceso libre

Claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Praza Maior

Presentación da Peza do mes

15/05/2017 | actividades
Fotografía campaíña do Castro da Muradella, Verín

O martes, 16 de maio, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “CAMPAÍÑA (TINTINABULUM). CASTRO DA MURADELLA (MOURAZOS, VERÍN)“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de TOMÁS VEGA AVELAIRA.

Entrada libre.

Día Internacional dos Museos 2017

09/05/2017 | actividades
cartaz_actividades

ACTIVIDADES DO MUSEO ARQUEOLÓXICO CON MOTIVO DO DIM

 

16 de maio

 

Visita guiada ao Edificio do Museo na praza Maior (antigo Pazo episcopal)

12.30 h. Gratuíta

Necesaria inscrición previa

 

Presentación da Peza do mes. Campaíña. A Muradella, Mourazos (Verín)

20:00 h. Acceso libre

Sala de exposicións de San Francisco «Escolma de escultura»

 

16, 18 e 19 de maio

 

Obradoiros didácticos para nenos/as. Castrexos e romanos, amigos ou inimigos?

10:30 h

Praza Maior. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Realizados por Xeitura

 

18 de maio

 

Visita guiada ao laboratorio de Restauración do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

12:30 h. Gratuíta

rúa Xílgaros, s/n. Santa María de Europa. A Carballeira

Necesaria inscrición previa

 

Concerto de Clara Pino & Pablo Vidal

21:00 h. Acceso libre

Claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Praza Maior

 

19 de maio

 

Visita guiada á sala de exposicións de San Francisco «Escolma de escultura»

12:30 h. Gratuíta

Sala de exposicións de San Francisco «Escolma de escultura» Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Necesaria inscrición previa

 

Anótate nas actividades que precisan inscrición no 988 788 439 ou envía un correo a mapour@xunta.es

← entradas máis antigas entradas máis recentes →