Prórroga da exposición: O Padre Feijoo. Cidadán libre da República Literaria

28/11/2014 | exposicións
Cartaz_PF

Dada a gran afluencia de público e o gran interese que está suscitando a exposición O Padre Feijoo. Cidadán libre da República Literaria, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Afundación, acordaron prorrogar esta exposición, que estaba previsto clausurar o 30 de novembro de 2014, ata o 18 de xaneiro de 2015.