Exposición: Na procura do pasado. Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense

30/11/2016 | exposicións
Na procura do pasado

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e a súa historia como institución están intimamente ligados á investigación arqueolóxica desenvolvida ao longo dos anos na provincia de Ourense.

Responsables desta simbiose, entre outros, foron os membros da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense que, co seu traballo e dedicación, conseguiron crear o museo ao tempo que impulsaron a actividade arqueolóxica na provincia.

Así, esta exposición pretende dar unha visión dos actores principais que impulsaron a práctica da arqueoloxía desde finais do século XIX ata os anos 70 do século XX. Destacan as figuras da talla de Marcelo Macías, Arturo Vázquez Nuñez, Manuel Díez Sanjurjo, Florentino López Cuevillas, Xaquín Lorenzo Fernández, Xesús Ferro Couselo, Xesús Taboada Chivite, Conde Valvis, Rubén García Álvarez, Manuel Chamoso Lamas ou Laureano Prieto, entre outros.

A exposición consta de fotografías destes persoeiros e de pezas arqueolóxicas directamente relacionadas coa súa actividade como o Guerreiro de Armeá, o Sedente de Xinzo, xoias de Regodeigón, a Tabula de Castromao ou o Mosaico da Cigarrosa.

 

Do 30 de novembro de 2016 ao 19 de febreiro de 2017

Sala de exposicións Afundación. Praza Maior, 4, Ourense.

Horario

de luns a venres das 17.30 ás 20.30 h

sábados, domingos e festivos das 12.00 ás 14.00 h e das 17.30 ás 20.30 h